InicioEconomíaEnce cifra en 443 os obreiros directos na fábrica de Navia, con...

Ence cifra en 443 os obreiros directos na fábrica de Navia, con 11 novos indefinidos desde antes da pandemia

O persoal da compañía incrementouse ata os 1.176 postos de traballo actuais, 440 deles en Galicia

Publicada o

- Advertisement -

A biofábrica de Ence en Navia, no Occidente asturiano, alcanzou os 443 empregados directos. A empresa precisa nun comunicado que formalizou 290 contratacións desde que o Goberno central decretou o estado de alarma por mor da Covid-19, en marzo de 2020.

En detalle, desas 290 contratacións realizadas desde o 14 de marzo de 2020, 51 foron de carácter indefinido: 21 en Pontevedra, 11 en Navia e 19 en Madrid e nas súas plantas independentes de enerxía, situadas en Andalucía, Castela-A Mancha e Estremadura.

Ademais, realizáronse 239 contratacións de carácter eventual e temporal, relacionadas con diferentes necesidades: reforzo de prazas específicas -alentado polos protocolos de seguridade fronte ao coronavirus-, creación de equipos específicos para manter reténs e limitar o contacto, cobertura de baixas ou traballos incluídos dentro da parada anual das diferentes plantas, entre outras.

O persoal directo da compañía, nun contexto de crise sanitaria e económica, incrementouse deste xeito ata os 1.176 postos de traballo actuais: 443 en Asturias, 440 en Galicia, 122 en Andalucía e 171 en Madrid e nas plantas de enerxía. “Con iso, o emprego directo, indirecto e inducido de todo Ence creceu en 2020 ata situarse nuns 20.000 postos de traballo en todo o país”, remarca a compañía, que remarca que a súa actividade, “incluíndo a xestión forestal, o fornezo de celulosa e a xeración de enerxía renovable, foi declarada esencial desde o inicio da pandemia. Debido a iso, garantiuse o sostemento de milleiros de postos de traballo en diferentes sectores, como o da celulosa e enerxético, o forestal e o loxístico”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...