O comité non cre que os problemas de financiamento de Liberty afecten á compra de Alcoa San Cibrao

Zan remarca que a multinacional non tivo dificultades económicas, "senón o banco que financia as súas adquisicións"; salienta que esta operación "non suporá un custo moi elevado"

Os obreiros amosaron cun cartel o seu apoio ao posible investidor, Liberty House. CEDIDA

EFE | As informacións sobre supostos problemas económicos do grupo “que financia as adquisicións” da multinacional Liberty House, interesada na compra de Alcoa-San Cibrao, son recibidas con bastante tranquilidade polo comité de empresa. O presidente, José Antonio Zan, confía en que esta circunstancia “non teña repercusión” na negociación que está en marcha.

Aínda que recoñece que esas informacións son motivo de preocupación, e máis neste momento no que Alcoa está en pleno proceso de negociación coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais ( SEPI) para a venda da planta de aluminio primario, matiza que eses problemas financeiros “afectan a un dos fondos que financia as adquisicións” por parte da multinacional británica.

Nese sentido, dixo que “Liberty non ten problemas económicos”, porque “tivo superávit” no último exercicio. Quen está nunha situación máis difícil, “por dicilo dalgunha maneira, é o banco que financia as súas adquisicións”, de modo que, chegado o caso, “terá que buscarse outro banco para formalizar a compra”.  “Fondos de investimento e bancos hai moitos no mundo”, puntualizou en declaracións á prensa.

Ademais, opina que eses problemas financeiros poden afectar, en todo caso, a aquelas operacións que realmente supoñan “un elevado custo económico” para Liberty, pero non é o caso da compra da planta de aluminio de San Cibrao. “Non é un acordo cun elevado custo económico” para unha empresa dese volume, opina Zan.

Nese sentido, o presidente do comité de Alcoa San Cibrao confía en que a negociación siga adiante e opina que “é cuestión de tempo” que a operación chegue a bo porto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here