InicioEconomíaO comité afirma que a produción de aluminio vai "vento en popa"...

O comité afirma que a produción de aluminio vai “vento en popa” e deu beneficios no mes de febreiro

Os sindicatos agardan que Alcoa convoque de novo a mesa multilateral para saber o estado das negociacións de venda; a última das xuntanzas, con carácter mensual, foi o 22 de febreiro

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao asegurou este martes que a produción na fábrica de aluminio vai “vento en popa” e expuxo que a propietaria “gañou diñeiro no mes de febreiro“. Así o afirmou o presidente do organismo de representación dos traballadores, José Antonio Zan, que engadiu que o persoal agarda que no balance de final do mes de marzo o saldo sexa tamén de beneficios.

Respecto das negociacións sobre unha venda da factoría de aluminio, indicou que os obreiros “non sabemos realmente” como están as conversas para un traspaso entre a titular das instalacións e a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).

A última mesa multilateral polo futuro da planta de San Cibrao foi o pasado 22 de febreiro, e a empresa comprometeuse cos traballadores -no acordo polo que o persoal suspendeu a folga indefinida que mantiña desde outubro no complexo industrial- a realizar unha convocatoria mensual, polo que a propietaria das instalacións debera como moi tarde chamar ás partes -comité, sindicatos, Goberno central e Xunta de Galicia– o vindeiro luns.

Na xuntanza, Alcoa e Goberno central fixáronse o 30 de abril para consumar a operación. Por agora non trascendeu se a SEPI aceptou a term sheet (folla de condicións de venda) proposta pola multinacional.

separación de plantas e o tempo de subministro de alúmina serán as dúas principais cuestións a solventar sobre as negociacións. Alcoa rexeitou vender a refinería de alúmina de San Cibrao -participada ao 40% polo grupo australiano Westminster Acquisition-, de xeito que un acordo sobre o fornezo de materia prima será fundamental para pechar a venda. Á espera dos acontecementos está a siderúrxica británica Liberty House, a quen a SEPI vendería a fábrica unha vez comprada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...