O comité de Alcoa agarda avances na xuntanza deste luns

O comité de Cervo expresou hai días o seu temor a que os rexistros en Alu Ibérica levasen a punto morto as negociacións.

Representantes do persoal de Alcoa e dos sindicatos, ante o TSXG. CIG

A mesa multilateral para abordar a venda da planta de Alcoa en Cervo reúnese este luns, entre as 15,30 e as 16,30 horas, segundo informa o comité de empresa da factoría.

Será a primeira vez que se vexan as partes desde que se produciu o rexistro por parte da policía das fábricas de Alu Ibérica na Coruña e Avilés, instalacións que con anterioridade eran propiedade de Alcoa.

O comité de Cervo expresou hai días o seu temor a que eses rexistros levasen a punto morto as negociacións para a venda da planta de aluminio da Mariña de Lugo á sociedade estatal de participacións industriais (SEPI).

Despois dun intento errado, Alcoa e a SEPI iniciaron de novo as conversacións para tratar de que esta operación frutifique, coa idea, inicialmente, de que logo a fábrica de aluminio pase a mans dunha operadora privado. Liberty foi a compañía que ata o momento mostrou interese en facerse con ela.

A negociación reactivouse despois de que a xustiza tombase a intención de Alcoa de parar as cubas e realizar un despedimento colectivo de máis de 500 traballadores en Cervo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here