O comité de Alcoa pide a Xunta e Goberno “unha reunión urxente” ante a falta de avances para a venda

Os traballadores queren saber "onde están os puntos de desencontro" entre a multinacional e a SEPI; o Estado non contestou por agora á 'term sheet' entregada a principios de febreiro

Cheminea e torretas de alta tensión en Alcoa San Cibrao. EFE/ELISEO TRIGO

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao expuxo este luns, trala celebración da mesa multilateral que reúne á multinacional, os sindicatos e as Administracións, a fin de fiscalizar o proceso de venda da planta de aluminio, que a representación dos traballadores solicitou a Xunta de Galicia e Goberno do Estado “unha reunión urxente” para coñecer os motivos do atraso nas negociacións para un traspaso.

Na mesa multilateral, que se celebrou este luns despois dun mes da anterior xuntanza entre as partes, corroborouse a falta de avances na negociación que manteñen Alcoa e a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).

CLÁUSULA DE RESPONSABILIDADES

No tocante á cláusula de responsabilidades que está esixir Alcoa, o presidente do organismo de representación dos traballadores, José Antonio Zan, expuxo que é “un pouco máis específica” que a solicitada no anterior proceso de venda finalizado o 27 de setembro, polo que está levando “un pouco máis de tempo a resposta” da SEPI, concretou.

Zan tamén indicou que se está a negociar “unha cláusula” para autorizar a Alcoa a que “trate a venda cun terceiro directamente sen necesidade de intervir entre medias”.

ALCOA “TRABALLA” NA ‘DUE DILIGENCE’ E NA SEPARACIÓN DE PLANTAS E ENTIDADES

No que atinxe ao ‘term sheet‘, Alcoa avanzou “que está á espera da contestación” desa proposta inicial das condicións de venda, que entregou a multinacional a principios de febreiro. Mentres, Zan dixo que “traballa na ‘due diligence‘, os trámites necesarios para a visita da planta”.

Ao tempo, precisou, “Alcoa está traballando en dúas partes: a separación das plantas, e a separación das entidades“.

Ante a “falta de información” por parte da SEPI e a “necesidade de clarificar onde están os puntos de desencontro“, o comité de empresa solicitou a Xunta de Galicia e a Goberno do Estado “unha reunión urxente” para que “se especifique onde están os problemas” que están a ralentizar un acordo de venda. Así, Zan salientou que os representantes dos traballadores agardan que a xuntanza “sexa esta misma semana” para “poder saber onde estamos”.

NON ASISTIRON NIN CONDE NIN BLANCO

Á xuntanza non asistiu nin o vicepresidente do presidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Industria, Francisco Conde, nin o secretario xeral do Ministerio de Industria, Raül Blanco, segundo concretou Zan, senón outros representantes da mencionadas Administracións.

AMBAS PARTES FIXÁRONSE O 30 DE ABRIL PARA UN TRASPASO

Alcoa e o Goberno central fixáronse, a petición da multinacional, o 30 de abril como data -prorrogable- para concretar unha venda. Con anterioridade, os traballadores suspenderon a folga indefinida que mantiñan desde outubro -cando Alcoa insitiu en aplicar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía máis de 900 despedimentos entre a planta de aluminio e as empresas auxiliares- dando de prazo ata ese mesmo mes para concretar un traspaso.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here