InicioEconomíaO BNG pide que "non se criminalice" ao sector fronte ao regulamento...

O BNG pide que “non se criminalice” ao sector fronte ao regulamento de control de pesca da UE

Os nacionalistas apoiarán as concentracións previstas para o venres en Burela e Celeiro

Publicada o

- Advertisement -

A Comisión de Pesca do BNG -integrada por representantes do sector pesqueiro e diferentes cargos do Bloque, como a portavoz da formación nacionalista en Europa, Ana Miranda, e a deputada Rosana Pérez, o deputado mariñao Daniel Castro e Antonio Veiga, manifesta o seu “total apoio” ao paro da frota galega convocada pola Federación Galega de Confrarías para as 12.00 horas de mañá en protesta pola imposición do regulamento de control da pesca, aprobado recentemente pola Eurocámara.

A Comisión de Pesca do Bloque considera que a obriga de que todas as embarcacións de máis de catro metros teñan que estar xeolocalizadas, a instalación de cámaras a bordo e a esixencia de manter un diario electrónico supoñen “unha concepción errónea dos traballadores do mar que non ten en conta as súas condicións de traballo”. O BNG crítica que o modelo de pesca que defende a UE está alonxado da realidade do sector da pesca e do marisqueo galego.

“Botamos de menos unha posición contundente da Xunta de Galicia do PP na defensa da pesca artesanal. Tantas veces que a conselleira do Mar foi a Bruxelas parece que non serviron para nada”, denuncia o BNG, lamentando asemade que o PSOE na Eurocámara “tome decisións contrarias aos intereses da frota galega, sen ter en conta as súas consideracións, impulsando un informe que recolle estas esixencias tan lesivas”.

“FALTA DE ANTICIPACIÓN”

Para o BNG, “os Gobernos galego e estatal non defenderon ao sector galego en Bruxelas, pois debían terse anticipado a unha regulación que supón na práctica sumar prexuízos aos que xa sofre a frota galega, no reparto de cotas e TACs“. Neste sentido, os nacionalistas critican “as imposicións dende a UE de máis trámites administrativos aos mariñeiros e as medidas que son alleas a realidade do sector pesqueiro galego”.

Para os nacionalistas, “a existencia dunha normativa común a todos os Estados da Unión Europea no control da pesca e que a pesca sexa sustentable non pode supoñer unha carga de traballo desproporcionada e unha constante ameazada para o sector da frota galega”. “Queremos un tratamento respectuoso ao sector e que non sexa constantemente criminalizado porque está normativa é un agravio para a pesca de Galicia”, subliñan desde o BNG, que terá presenza nas concentracións de Burela e Celeiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...