InicioOccidentalCervoAlcoa segue disparada nos seus beneficios: gaña un 119% máis no primeiro...

Alcoa segue disparada nos seus beneficios: gaña un 119% máis no primeiro trimestre do 2020

"Tivemos un primeiro trimestre excelente co noso mellor resultado trimestral desde 2018", dixo o presidente e conselleiro delegado de Alcoa, Roy Harvey.

Publicada o

- Advertisement -

AXENCIAS. Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou un beneficio neto atribuído de 175 millóns de dólares (146 millóns de euros) entre xaneiro e marzo, o que representa un incremento do 119% respecto do resultado de 80 millóns de dólares (67 millóns de euros) contabilizado pola multinacional no primeiro trimestre de 2020, segundo informou a compañía.

Neste sentido, Alcoa atribuíu a mellora dos seus resultados no primeiro trimestre de 2021 aos prezos máis altos do aluminio e a alúmina, así como aos menores cargos relacionados coa reestruturación da empresa e o impacto positivo da venda de activos.

As vendas da compañía estadounidense nos tres primeiros meses do ano sumaron 2.870 millóns de dólares (2.397 millóns de euros), un 20,5% máis que un ano antes, mentres que o endebedamento neto de Alcoa reduciuse a 492 millóns de dólares (411 millóns de euros), unha mellora do 47% respecto da súa posición a 31 de decembro de 2020. “Tivemos un primeiro trimestre excelente co noso mellor resultado trimestral desde 2018″, dixo o presidente e conselleiro delegado de Alcoa, Roy Harvey.

Para o resto do exercicio, Alcoa espera un 2021 sólido baseado nunha continuada recuperación económica e unha maior demanda de aluminio en todos os mercados finalistas.

RESULTADOS DE SAN CIBRAO

En calquera caso, fontes de Alcoa subliñan que a súa previsión “segue sendo” que a planta de San Cibrao teña perdas no conxunto do exercicio de 2021, e aseguran que tamén se anotou números vermellos no primeiro trimestre. En calquera caso, evitan trasladar os datos concretos porque a compañía “non adoita” dalos “individualizados” para cada un dos seus centros.

Así, sen concretar a cifra negativa que calcula que se anotará, fontes da multinacional do aluminio trasladan a previsión de perdas para o complexo da Mariña. Ademais, aseguran que no primeiro trimestre do ano tamén rexistrou perdas.

Faino no medio da negociación para a venda da fábrica de aluminio de San Cibrao á sociedade estatal de participacións industriais (SEPI). A de alúmina queda á marxe das conversacións.

Este xoves, o comité apelou a que a compañía reduza as súas esixencias no marco dun proceso estancado hai semanas debido, entre outras cuestións, á petición de inmunidade que demanda en relación con eventuais reclamacións futuras sobre a operación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...