InicioEconomíaA Xunta destinou case 230.000 euros para mellorar as terrazas da hostalaría...

A Xunta destinou case 230.000 euros para mellorar as terrazas da hostalaría de Ribadeo

Viveiro activa os descontos na taxa de recollida del ixo para os negocios de hostalaría afectados polo feche de febreiro.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia achegou nos últimos meses 329.000 euros en 67 axudas á hostalería de Ribadeo a través do primeiro Plan de rescate e da orde específica para a mellora de terrazas e a compra de elementos de envasado para domicilio.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou un dos establecementos beneficiados e lembrou que o Goberno galego xa está resolvendo as achegas do segundo Plan de rescate e suliñou que, debido á elevada demanda, vén de ampliar o crédito inicial de 75 millóns de euros ata os 96 millóns.

Estas axudas directas que xestiona a Consellería de Emprego e Igualdade pretenden compensar aos establecementos de hostalería polos períodos de inactividade e as restricións, co fin de inxectar liquidez e axudar ao seu mantemento. Na primeira edición concedéronse en Ribadeo 51 axudas por un importe global de 144.000 euros.

Pola súa banda, a Vicepresidencia económica a Consellería de Economía, Empresa e Innovación puxo en marcha a través do Igape o programa para o acondicionamento de terrazas e a compra de elementos de envasado para domicilio, que sumou 184.800 euros en axudas para 16 hostaleiros do municipio.

MOBILIARIO

Os apoios supoñen o 80% do orzamento mobilizado polos hostaleiros (231.000 euros). A maior parte do investimento realizado destinouse á instalación de peches estables ou desmontables así como outros elementos móbiles tales como toldos, biombos, cortaventos, parasoles e tarimas accesibles. En concreto, mobilizáronse para este fin 132.100 euros.

Outros 70.000 euros investíronse na adecuación estética e funcional das terrazas, mediante a renovación do mobiliario, instalación de sistemas de iluminación e de aparatos calefactores exteriores, así como actuacións de mellora da fachada exterior do local.

Por último, 29.000 euros foron destinados á adquisición de elementos sostibles de envasado e empaquetado de comida e bebidas para o servizo de entrega a domicilio ou de recollida no propio local.

VIVEIRO

Por outra banda, o Concello de Viveiro informou do procedemento a seguir para solicitar a devolución-compensación en concepto de taxa de recollida de lixo e prestación patrimonial non tributaria dos servizos de abastecemento domiciliario de auga potable, sumidoiro, depuración de augas residuais e demais servizos, consecuencia da ORDE de 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica.

Segundo indicou nun comunicado, poderán beneficiarse desta axuda todos aqueles negocios que se viran afectados polo peche temporal da hostalería no período comprendido entre o 27 de xaneiro e o 25 de febreiro.

A solicitude debe realizarse presentando o modelo normalizado que poderá recollerse na Oficina do Rexistro ou descargarse a través da web municipal. Aos efectos de aplicación nos próximos trimestres recoméndase a presentación de solicitudes antes do 31 de maio de 2021.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...