O sector hostaleiro da Mariña pide a vacinación dos camareiros porque son agora un “sector de risco”

Acisa Ribadeo ofrécese para saber se esta proposta é viable, para facer unha proba piloto, establecer un protocolo, analizar os proles e os contras de dicha proposta e ver se é posible realizala en toda Galicia.

Familias nas terrazas de Foz. JUAN MAYA

Acisa Ribadeo pídelle á Xunta de Galicia a vacinación do persoal que traballa cara ao público, especialmente o do sector hostaleiro e, sobre todo, camareiros e camareiras. A asociación ofrécese para facer unha proba piloto a través dos colectivos empresariais. De feito, Acisa enviou xa unha misiva ao delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, co fin de que a traslade ás autoridades sanitarias.

“Desde hai pouco tempo permítese ás empresas vacinar aos seus traballadores, un exemplo recente é o de SEAT en Cataluña, que está a proceder a vacinar aos seus empregados a través da Consellería de Sanidade… pero para as pemes e microempresas é algo imposible”, destaca nun comunicado.

Por iso, na carta dirixida a Javier Arias o presidente do colectivo empresarial ribadense, Francisco Iriarte, indica que tras a vacinación dos maiores de 50 anos habería que vacinar ao sector que traballa cara ao público, especialmente, os camareiros que soen ser xente nova. “É persoal que traballa oito horas ou máis en locais polos que pasan centos de persoas ao día, cifra que no verán se incrementa, así como o lugar de procedencia, podendo ser estas acodes clientes novos non vacinados, persoas adultas vacinadas pero que transmitan a enfermidade, persoas adultas non vacinadas”, sinala.

Acisa propón que utilicen ás asociacións de empresarios, aos CCA e ás asociacións de hostaleiros para inmunizar a ditos colectivos, que ao seu entender agora pasan a ser de risco. “O sector da hostalaría foi probablemente un dos máis afectados as medidas restritivas derivadas da pandemia, polo que cremos que podería ser tamén unha forma de compensar o agravio que iso supuxo”,engade.

Esta entidade ofrécese para saber se esta proposta é viable, para facer unha proba piloto, establecer un protocolo, analizar os proles e os contras de dicha proposta e ver se é posible realizala en toda Galicia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here