InicioEconomíaRoupa interior para protestar contra a situación da hostalaría na Mariña

Roupa interior para protestar contra a situación da hostalaría na Mariña

Os hostaleiros colgaron bragas e romperon pratos na Praza Maior de Viveiro en defensa do traballo no seu sector.

Publicada o

- Advertisement -

Pratos rotos e roupa interior serviron aos hostaleiros de Viveiro, na Mariña de Lugo, para protestar contra as restricións impostas polas autoridades sanitarias nestes establecementos para tratar de evitar contagios de coronavirus.

A Asociación de Hostalaría e comercio Beiras de Viveiro convocou esta nova mobilización xa que, na actualidade, con case toda Galicia en niveis mínimos de incidencia da covid, esta localidade continúa con restricións debido aos seus datos.

Os hostaleiros colgaron bragas e romperon pratos na Praza Maior en defensa do traballo no seu sector. Neste lugar concentráronse varios hostaleiros tras un valo na que colgaron bragas e calzóns.

Denuncian que o Goberno os deixou “en bragas” e que pagan “os pratos rotos” porque cada vez que hai un brote son “sempre os sinalados”.

O portavoz da asociación, Domingo González, explicou que volveron a sacar todo o seu mobiliario á rúa con letreiros de ‘véndese’ porque non lles deixan utilizalo e puxeron carteis de ‘traspásase’ nos locais porque “non son rendibles”.

“A iso hoxe engadimos que colgamos, cun peculiar tendal, roupa interior onde temos bragas, calzóns… Dicíndolle ao goberno que así nos quedamos: en bragas“, resaltou.

Ademais, criticou que as axudas que reciben os hostaleiros son “ridículas” e “non chegan para nada”, tendo en conta os custos aos que deben seguir facendo fronte.

APOIO “TOTAL”

Pola súa banda, agradeceu o apoio “total” de veciños e colectivos, non só de hostalaría, e avanzou que seguirán protestando, ante o “medo de que se hai rebrote, volvan pechar”.

“Os contagios non están na hostalaría, e somos sempre os sinalados”, puntualizou, antes de apuntar ao final de curso e as “ceas e botellóns”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...