InicioEconomíaO Goberno central insiste na súa "absoluta implicación" para resolver o conflicto...

O Goberno central insiste na súa “absoluta implicación” para resolver o conflicto de Alcoa

Di "comprender a inquietude" dos empregados, que levan xa máis dun ano loitando contra o peche da planta.

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou que a ministra de Industria, Reyes Maroto, atenderá a esa solicitude dunha reunión que lle realizou o comité de empresa –tal e como xa avanzara hai días o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones–, o que demostra a “vontade” do Executivo de “asegurar o futuro do emprego” na Mariña.

Ademais, Rodríguez incidiu na “absoluta implicación” do Ministerio na procura dunha solución que garanta a continuidade da actividade na fábrica de San Cibrao, así como o mantemento dos postos de traballo que Alcoa “pretende sacrificar”.

De feito, a subdelegada afirmou que o Goberno “comprende a inquietude” dos empregados, que levan xa máis dun ano loitando contra o peche da planta, e destacou que por iso “foi o Ministerio quen reuniu ao seis posibles compradores” de San Cibrao. Por todo iso, Isabel Rodríguez insta a Alcoa a “negociar en serio” a venda.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...