InicioEconomíaAlcoa pode ter diante cinco interlocutores na negociación sobre a planta San...

Alcoa pode ter diante cinco interlocutores na negociación sobre a planta San Cibrao

Ministerio, sindicatos, comité de empresa e Xunta queren estar en Pittsburgh (EE.UU) nunha fronte común ante a multinacional.

Publicada o

- Advertisement -

O Ministerio de Industria, representantes da Xunta, do comité de empresa de Alcoa en Cervo e dos sindicatos mantiveron unha reunión este venres co propósito de “ir unificados” ao encontro que Reyes Maroto anunciou que celebrará con responsables da multinacional do aluminio en Pittsburgh.

“Chegamos a certo acordo para poder facer unha formulación de folla de ruta para poder ir unificados a Pittsburgh, para ter unha saída cuns fitos e uns tempos claros que desbloqueen a negociación”, destacou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, ao termo da cita.

Neste sentido, advertiu de que se non se dan eses “fitos e esas concrecións ao final acabará habendo un problema o día 19 de xullo que ninguén desexa”. Por iso avogou por “unificar posturas” e lembrou que a SEPI para os traballadores “é a saída, a garantía, para poder saír disto”, por un conflito que se prolonga durante xa máis dun ano.

Iso si, nesta ocasión engadiu que se se vai a cambiar esa garantía ten que estar “claro que se vai a pór a cambio”. “Hai dúas empresas que xa lles vale o ‘term sheet’ de Alcoa e hai outras dúas que terían que negociar algo máis”, apuntou. Neste sentido, concluíu que os traballadores “teñen que ter unha garantía”. “Non nos podemos tirar ao baleiro”, resolveu.

A XUNTA

Pola súa banda, o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, avisou de que o Executivo central ten “unha semana para concretar cal é a súa proposta en Alcoa e aclarar o seu papel no proceso de venda”.

Na reunión, pola súa banda, segundo resalta a Xunta, “renovou o seu compromiso de colaborar na procura dunha solución” e lamentou que o Goberno “perdese unha nova oportunidade para presentar as medidas que levará ao encontro de Estados Unidos para avanzar no proceso de venda, así como un marco enerxético que garanta a competitividade da industria hiperelectrointensiva”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...