InicioEconomíaProdutores pesqueiros poñen en marcha un proxecto para reducir os descartes no...

Produtores pesqueiros poñen en marcha un proxecto para reducir os descartes no arrastre

Armadores, redeiros, investigadores e técnicos de OPP Lugo deseñaron e construíron estas redes que agora se están probando.

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) de Lugo leva a cabo un proxecto piloto sobre melloras de selectividade na pesca de arrastre de litoral do caladoiro de Cantábrico-Noroeste no que participan buques comerciais.

O proxecto técnico, que consiste en analizar e desenvolver as medidas técnicas para a redución de descartes na pesqueira de arrastre de fondo, está coordinado pola OPP Lugo coa dirección científica do equipo de investigadores do Instituto Español de Oceanografía (IEO) de Vigo, dirixido por Julio Valeiras. Unha iniciativa autorizada e supervisada pola Subdirección Xeral de Investigación Científica e Reservas Mariñas da Secretaría Xeral de Pesca.

Este proxecto sobre tecnoloxía de artes pesqueiras, denominado ‘SelectLugo’, iniciouse no ano 2020 cun estudo de situación e necesidades en canto a capturas de especies non desexadas, para o que se marcou un plan de traballo no que resulta fundamental o coñecemento dos patróns respecto ao comportamento das artes de pesca e ás posibles estratexias evitar descartes.

Este mes estase levando a cabo unha campaña experimental a bordo con mallas romboidales de 70 e 55 milímetros, co uso de sobrecopos especiais de 35 milímetros que permiten diferenciar as capturas por tamaños e especies –para pescada, galegos, xurelo, caballa, rape, entre outros–.

Armadores, redeiros, investigadores e técnicos de OPP Lugo deseñaron e construíron estas redes que agora se están probando. A campaña faise a bordo do buque ‘Praia de Rueta’ entre o 5 e o 23 de xullo. Conta con dous observadores científicos embarcados que analizan datos de 45 lances de pesca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...