InicioOccidentalCervoO PP de Lugo insiste en que o SEPI merque Alcoa para...

O PP de Lugo insiste en que o SEPI merque Alcoa para garantir os postos de traballo

O ex alcalde de Foz incide no caso da coruñesa Alu Ibérica para destacar a importancia de que o SEPI "non sexa un espectador".

Publicada o

- Advertisement -

Os deputados populares da Deputación de Lugo incidiron este xoves na necesidade de que a SEPI compre a factoría de Alcoa en San Cibrao, ante o grao de incerteza instalado con respecto a esta operación de compra venda tras a visita da ministra de Industria, Reyes Maroto, a Pittsburg para reunirse co CEO da multinacional americana.

O portavoz do PP na Deputación e ex alcalde de Foz, Javier Castiñeira, volveu a chamar a atención este xoves sobre a necesidade de que a SEPI “participe” na compra da factoría de Alcoa en San Cibrao. Castiñeira esgrimiu que “iso non é un capricho de ninguén, é que iso está baseado en anteriores exemplos, pasándoo moi mal na Coruña e en Avilés porque o goberno non foi partícipe na venda”.

“Xustificou (o Goberno central no caso de Avilés e A Coruña) a venda a un fondo que, desde logo, non garantía os postos de traballo e iso non queremos que suceda en San Cibrao”, alertou.

Ademais, o popular esixiu á ministra de Industria que “se deixe de comedias e que inmediatamente poña a traballar á SEPI para que adquira Alcoa e a partir de aí tamén adquira uns compromisos futuros tanto cos traballadores como coa propia industria e coa creación de aluminio na provincia”. “Débese de pasar ese filtro (da compra pola SEPI) e non ser un mero espectador que é o que pretende agora mesmo o goberno de España”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...