InicioEconomíaProtestas dos traballadores de Alcoa: "non din que queren despedir xente a...

Protestas dos traballadores de Alcoa: “non din que queren despedir xente a partir do 20 de outubro”

"E o que non di o Goberno é que non está a cumprir co que pactaron tanto o Congreso dos Deputados como o Parlamento galego", engaden os traballadores.

Publicada o

- Advertisement -

Traballadores de Alcoa en Cervo protagonizaron unha protesta ás portas da fábrica este luns coincidindo co inicio da folga indefinida convocada ante a ruptura das negociacións para a venda da planta.

Ás portas das instalacións de San Cibrao, onde queimaron pneumáticos, os traballadores corearon consignas como ‘sen industria non hai futuro’, ‘queremos traballar e non emigrar’, ‘Madrid escoita, A Mariña está en loita’ e ‘a solución unha intervención’.

“Que deixen as boas palabras e mentiras e vendan a fábrica (pola multinacional) e o Goberno que empece a comprala”, reclamou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan (CCOO), altofalante en man.

Zan recriminou que o que non di Alcoa é que o 20 de outubro queren despedir” a parte do persoal, pola decisión que tome a partir dese día o Tribunal Supremo sobre o ERE que a compañía quería levar adiante e que a xustiza tombou en primeira instancia.

“E o que non di o Goberno é que non está a cumprir co que pactaron tanto o Congreso dos Deputados como o Parlamento galego”, engadiu, en relación á intermediación de “a SEPI ou outro organismo equivalente”.

Neste sentido, o presidente do comité chamou a “seguir loitando” e avogou por “dar cana”, nun contexto no que tamén a CIG, a través dun comunicado de prensa, critica a “falta de solucións” e aposta por estar “en loita”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...