O comité de Alcoa pide que entre a SEPI ante a perda de case 30 millóns de euros pola folga

Sobre o proceso de venda da factoría, os traballadores insisten en que "o que ten que facer o Goberno é, dunha vez por todas, desbloquear esta tortura á que se está sometendo ao persoal" para permitir que teña "un futuro".

Varias persoas participan nunha concentración en conmemoración do ano de “loita” pola planta de aluminio e os postos de traballo de Alcoa San Cervo, na Praza do Concello de Xove, a 30 de maio de 2021, en Xove, Lugo. - Carlos Castro - Europa Press

A factoría de Alcoa San Cibrao, en Cervo, puido perder nas dúas semanas de folga case 30 millóns de euros, segundo os cálculos realizados polo comité de empresa. Con todo, o seu presidente, José Antonio Zan, asegura que o “máis importante” neste paro é “a visualización de que tanto a empresa como o Goberno fracasaron no proceso de negociación“.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here