A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia nun comunicado que se une á manifestación convocada polos tres sindicatos maioritarios baixo o lema “ Futuro para A Mariña”, que o vindeiro domingo 17 de outubro sairá ás 12 horas da Cruz Vermella de Viveiro.
O motivo desta mobilización é esixir que as administracións públicas poñan freo “á sangría económica e laboral que esta a sufrir a comarca e que conducen indefectiblemente á desertización industrial da Mariña”.
Desde a Plataforma chaman a todas as veciñas e veciños da Mariña para de xeito masivo á rúa. O obxectivo é reclamar “as demandas non atendidas durante anos e que se materializaron nunha manifestación multitudinaria, que percorreu as rúas de Burela en xuño do ano pasado”.