InicioEconomíaA Mancomunidade da Mariña e Vodafone asinan un acordo para fomentar as...

A Mancomunidade da Mariña e Vodafone asinan un acordo para fomentar as competencias dixitais dos máis novos

Con este acordo, ata 230 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, Formación Profesional Básica e Formación Profesional de Grao Medio beneficiaranse do programa Project Lab.

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Vodafone España e a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentaron a firma dun acordo polo que once dos institutos públicos da rexión formarán parte de Project Lab, a iniciativa da Fundación Vodafone que se centra en que os mozos de 14 a 18 anos adquiran, a través dun programa mentorizado, as competencias dixitais e habilidades necesarias para o século XXI a través de retos de índole social.

Os Institutos de Educación Secundaria (IES) que se unirán a esta iniciativa serán: IES Perdouro e IES Monte Castelo de Burela; IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao; IES de Foz; IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo; IES Enrique Muruais de Pontenova; IES Dionisio Gamallo de Ribadeo; IES María Sarmiento e IES Vilar Ponte de Viveiro; e IES Illa de Sarón de Xove. Desta maneira, o proxecto espera beneficiar a 230 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, Formación Profesional Básica e Formación Profesional de Grao Medio destes centros educativos.

O acordo chega tras o enorme éxito que suscitou a experiencia vivida no IES Maria Sarmiento de Viveiro, onde un dos seus equipos erixiuse como gañador do premio do concurso nacional co seu proxecto ” Peripatéticos Vivairenses: Diario de Sarmiento”.

No acto de presentación, celebrado hoxe no salón multiusos do Concello de Viveiro, participaron María Carmen Gueimunde, responsable da Xefatura Provincial de Lugo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Francisco Cajoto, Presidente Mancomunidade A Mariña Lucense, María Loureiro, Alcaldesa de Vivieiro, e Gloria Placer, directora da Fundación Vodafone España.

“É unha excelente oportunidade para a comarca que entidades como a Fundación Vodafone aposten por nós para impulsar os seus programas educativos, xa que desta maneira melloramos substancialmente as competencias dixitais e a empregabilidade dos mozos da Mariña Lucense”, destacou Francisco Cajoto, Presidente Mancomunidade A Mariña Lucense.

Pola súa banda, Gloria Placer, directora de Fundación Vodafone España, sinala: “Desde Fundación Vodafone traballamos por e para a educación do futuro, unha educación onde a adquisición de competencias dixitais e a innovación estean á orde do día, e que teña clara a importancia do rol do docente. Queremos apoiar esa educación que promova o cambio cara a unha sociedade mellor. E cremos que con Project Lab promoveremos que os mozos da Mariña Lucense traballen en logralo, igual que o fixeron o ano pasado os estudantes de Viveiro”.

PROGRAMA PARA ALUMNOS E DOCENTES

O programa implementarase durante 6 meses e constará de diferentes fases: no mes de outubro comeza a formación docente, continúa en xaneiro coa formación do alumnado e conclúe en marzo coa final nacional.

Do mesmo xeito que no resto de programas educativos que ten implantados, a Fundación Vodafone aposta polo desenvolvemento profesional docente, cun itinerario formativo onde coñecerán o uso das metodoloxías activas na aula e ferramentas de innovación. Así, o profesor ou profesora convértese en facilitador da experiencia do alumnado.

Durante a segunda fase, os alumnos e alumnas, seguindo a metodoloxía de aprendizaxe baseada en retos, deben identificar un reto na súa comunidade e buscarlle unha solución mediante un proceso de investigación e ideación, adquirindo competencias dixitais e habilidades craves do século XXI como a creatividade, a colaboración, o pensamento crítico e a comunicación.

Finalmente, os alumnos e alumnas deben comunicar a súa idea a un xurado, nunha final nacional na que participarán estudantes de todo o país e onde se entregarán dous premios de 5.000€ cada un aos equipos gañadores. O premio irá destinado a que as ideas gañadoras poidan potencialmente seguir desenvolvéndose.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...