InicioOccidentalViveiroViveiro é a sede esta semana da Interfederativa de Confrarías de Pescadores...

Viveiro é a sede esta semana da Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste

Despois dunha edición telemática marcada pola pandemia, este ano o congreso recupera a súa dinámica habitual: reunión interfederativa o xoves pola tarde e reunión de traballo conxunta entre representantes das Confrarías e das Administracións pesqueiras de España e as Comunidades Autónomas do Cantábrico na mañá do venres.

Publicada o

- Advertisement -

A cidade de Viveiro  acolle esta semana unha nova edición da ” Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, na que participan representantes das Federacións de Confrarías de Guipúscoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Federación Galega de Confrarías.

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta nova Xornada Técnica, que se celebra no Resort Thalasso As Sirenas de Viveiro o xoves 11 e venres 12 de novembro, para reflexionar sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais retos de futuro.

Despois dunha edición telemática marcada pola pandemia, este ano o congreso recupera a súa dinámica habitual: reunión interfederativa o xoves pola tarde e reunión de traballo conxunta entre representantes das Confrarías e das Administracións pesqueiras de España e as Comunidades Autónomas do Cantábrico na mañá do venres.

A apertura do encontro terá lugar ás 16.00 h do xoves e durante a tarde os representantes das oito Federacións de Confrarías manterán unha Xornada Técnica onde se fará unha revisión das conclusións da última Interfederativa. Aquí abordaranse diferentes temas xerais e de interese común para as confrarías de pescadores do Cantábrico-Noroeste, como a pesqueira dos túnidos, a regulación das organizacións de produtores, as axudas do almacenamento, a cualificación das infraccións na Lei de Pesca, os sistemas informáticos de xestión ou o futuro da pesca e a formación por experiencia.

Nesta reunión participan representantes da maioría das Federacións de Confrarías do Cantábrico Noroeste: Guipúzkoa (Eugenio Elduaien, Josu Ezenarro González Etxebarri e Miren Garmendia), Bizkaia (Eusebio Aranzamendi Etxaburu), Cantabria (Miguel Fenández Pérez, Enrique Paz Setién e Carlos Gutiérrez Pedrajo), Asturias (Adolfo García e Mª José Rico Fernández), Lugo (José Basilio Otero, Javier Sánchez, Domingo Rey e Carmen Abad), A Coruña (Daniel Formoso) e Pontevedra (José Antonio Gómez Castro), así como a Federación Galega de Confrarías (José Antonio Pérez Sieira).

O Congreso pecharase na mañá do venres cunha xornada de traballo conxunta entre representantes das Confrarías e das Administracións pesqueiras de España e as Comunidades Autónomas do Cantábrico. Como é habitual, nesta reunión o sector expoñerá ás Administracións as principais conclusións derivadas do traballo do día anterior.

Por parte da administración central está prevista a asistencia da secretaria xeral de pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz Iglesias, e o director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Juan Ignacio Gandarias Serrano. Tamén está prevista a asistencia da conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana; os directores de pesca das comunidades autónomas do Cantábrico: Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco; ademais doutros representantes de diferentes administracións locais e entidades relacionadas co sector pesqueiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...