A Xunta insiste en responsabilizar ao Goberno central da crise de Alcoa e Vestas

"Hai que tomar conciencia da realidade que temos na Mariña", di o conselleiro Conde.

Feijóo e o conselleiro de Industria, Paco Conde, nunha reunión celebrada en setembro de 2019 co presidente de Alcoa España, Álvaro Dorado. AXM

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, pediu que o Goberno central “escoite aos cidadáns” da Mariña, que esta semana secundaron masivamente a folga xeral convocada pola situación que afecta a industrias da comarca como Alcoa e Vestas, e “reaccione”.

“A manifestación é unha oportunidade para tomar conciencia da realidade que temos na Mariña”, destacou Conde nun acto en Madrid. Así, pediu ao Executivo “primeiro escoitar aos cidadáns, aos traballadores, ás familias”.

Na súa opinión, “o Goberno ten unha boa oportunidade para reaccionar e tomar medidas e que a través do prezo eléctrico poida haber solucións”, pois estas, recalcou, pasan por “un prezo eléctrico competitivo”.

No caso concreto da fábrica de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, engadiu que “se é necesario intervir a través da SEPI (sociedade estatal de participacións industriais), que se interveña”. En calquera caso, “con ese prezo competitivo os compradores estarían en disposición de facer esas ofertas”, engadiu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here