InicioEconomíaAberto o prazo de solucitude de subvención por concorrencia en Ribadeo para...

Aberto o prazo de solucitude de subvención por concorrencia en Ribadeo para asociacións culturais

A edil de Cultura, Pilar Otero, indicou que o anuncio no BOP xa se publicara o 7 de decembro e hai 15 días naturais para presentar a solicitude.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello ten aberto o prazo de solicitude de subvencións por concorrencia competitiva para as asociacións culturais. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que ao igual que outras áreas do Concello, tamén a Concellaría de Cultura “abriu a posibilidade de que as entidades inscritas no rexistro de asociacións soliciten unha axuda para o financiamento de actividades culturais que organizasen neste 2021”.

Otero Cabarcos lembrou que son subvencións de concorrencia competitiva, pois tamén as hai nominativas, é dicir que o importe reservado neste caso (3.600 euros) se repartirá entre as que se presenten e segundo o baremo que figura nas bases. Esta información, que inclúe tamén os modelos a cubrir, está no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ribadeo. E tamén se pode solicitar na oficina de Cultura, na casa do Viejo Pancho.

A edil ribadense indicou que o anuncio no BOP xa se publicara o 7 de decembro e hai 15 días naturais para presentar a solicitude. “Sabemos que as axudas mediante subvención posibilitan as programacións de actividades das diferentes entidades e con isto apóiase a interacción social e cultural da veciñanza” destacou Otero.

Desta maneira o Concello está actualizando as subvencións pendentes de anos anteriores que se foran atrasando e “de feito moitas asociacións veciñais e culturais xa foron vendo nestas últimas semanas como se foi ingresando cada un dos importes concedidos, sumando en total polo momento máis de 46.000 euros”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...