A asociación APAGA destaca o éxito do curso de soldadura Mig Mag impartido esta fin de semana

O alumnado realiza as clases teóricas desde a súa casa e as prácticas son as que se desenvolven de xeito presencial durante a fin de semana.


Éxito de participación no curso de soldadura mig mag, que Apaga impartiu nas súas instalacións de Ribadeo esta pasada fin de semana, os días 29 e 30 de xaneiro.

Así arrincaba o novo plan de formación da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia baseado na Aula Invertida. O presidente da asociación, Álvaro Doural, subliña que “deste xeito o alumnado aproveita mellor o tempo e o nivel de coñecemento dos participantes será bastante maior”. O alumnado realiza as clases teóricas desde a súa casa e as prácticas son as que se desenvolven de xeito presencial durante a fin de semana.

O vindeiro curso que se impartirá por parte de Apaga é o de motores, que terá unha duración de 20 horas. As prácticas realizaranse os días 12, 13, 19 e 20 de febreiro. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse aos teléfonos: 639 88 49 45 ou 629 09 67 11 e tamén a través do correo electrónico apagaribadeo@gmail.com

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here