InicioOrientalRibadeoMelloras nas luminarias da Avenida de América en Ribadeo que continuarán por...

Melloras nas luminarias da Avenida de América en Ribadeo que continuarán por outros viarios do municipio

A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos acometendo obras de mellora no alumeado da vila e das parroquias.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo leva a cabo obras de mellora de alumeado na Avenida de América. Os traballos continuarán pola rúa Segundo Moreno Barcia e pola parroquia de Piñeira. Estanse a cambiar as lámpadas existentes por outras de tecnoloxía led que permiten mellorar a eficiencia enerxética e reducir custes.

A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos acometendo obras de mellora no alumeado da vila e das parroquias. Nestes días estivemos cambiando as luminarias da Avenida de América por unhas de mellor eficiencia enerxética, unhas luminarias led que poden reducir a factura da luz ata un 50% e que van descender tamén a contaminación lumínica nesta zona”.

A edil sinalou que “a previsión que temos é continuar con estes traballos de cambio de luminarias cara a zona do cuartel e pasar máis para alá cara a rúa Segundo Moreno Barcia. Nas vindeiras semanas comezaremos estes traballos de mellora de eficiencia enerxética na parroquia de Piñeira.”

Mónica Freire dixo que “estes traballos veñen ser continuidade dos que comezamos fai uns meses na parroquia de Vilaselán, que xa contan hoxe en día con lámpadas de tecnoloxía led que substituíron as tradicionais de descarga que existían nesta zona, e que veñen completar estas actuacións que estamos a facer desde o Concello de Ribadeo para buscar unha maior eficiencia neste servizo. Acometemos estes traballos igualmente en Couxela e seguiremos no resto de núcleos de poboación”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...