InicioEconomíaACISA Ribadeo convocará as eleccións para renovar a dirección o día 24...

ACISA Ribadeo convocará as eleccións para renovar a dirección o día 24 de marzo

"Esta decisión vén dada pola propia axenda da asociación e da actual xunta directiva" apuntan desde a Asociación.

Publicada o

- Advertisement -

A asemblea xeral ordinaria de Acisa deste 2022 celebrarase no Cinema Teatro o próximo 24 de marzo, tal e como acordou a xunta directiva na súa última reunión. Ese día convocaranse as eleccións para proceder á súa renovación. No encontro analizouse tamén a actual situación da asociación e fíxose balance económico interno.

O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, sinalou que “foi unha reunión moi produtiva na que henos intercambiado opinións de cal é a situación actual e de cales son as perspectivas para os próximos meses, así como as principais liñas de actuación a levar a cabo e os proxectos para realizar antes de acabar este mandato na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos”.

Iriarte Quintana explicou que “os principais temas abordados foron a programación de actividades para este o primeiro semestre de 2022 así como aprobar a colaboración co Concello de Ribadeo para organizar o Entroido deste ano e para a promoción turística  municipio para a Semana Santa. Nesta reunión tomáronse as decisións de non celebrar a Gala Anual de Acisa, debido á situación sanitaria pola que aínda estamos a atravesar, pero por contraposición a nosa intención é celebrar un acto institucional en pequeno formato pola adhesión de Acisa á COCAHI e polo premio nacional de comercio recibido. Ademais retomaremos a entrega do galardón a toda unha carreira, que se entregaba na Gala da asociación. Tamén analizamos os encontros mantidos co Concello de Ribadeo para a organización dun posible próximo Ribadeo Indiano e o convenio anual a subscribir entre ambas as partes”.

Jesús Pérez, xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, destacou que “o asunto máis relevante é a convocatoria oficial da asemblea xeral ordinaria, que se celebrará o próximo 24 de marzo no Cinema Teatro. Nesa cita darase conta dos asuntos habituais, pero ademais convocaranse eleccións para uns meses despois co fin de renovar a xunta directiva. Esta decisión vén dada pola propia axenda da asociación e da actual xunta directiva.”

Pérez Prada engadiu que “a orde do día da asemblea, comunicado xa aos socios, será o seguinte: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea ordinaria anterior de data 14/06/2021; exame e aprobación, se procede, da conta xeral de ingresos e gastos do exercicio 2021; estado da asociación, análise e valoración das actividades realizadas no ano 2021; informe e aprobación, se procede, do orzamento ordinario do 2022; Convocatoria de eleccións para a xunta directiva, prevista para o 21 de xullo, dándose así un longo período de tempo para a presentación de candidaturas; informe da programación de actividades previstas para o ano 2022; informe de días festivos e domingos de apertura en 2022; compensación de cotas de 2021; e rogos e preguntas”.

O xerente de Acisa contou que “nesta reunión da xunta directiva analizouse o informe final de contas do 2021 e o da actual situación económica da asociación, que serán presentados aos socios na asemblea do 24 de marzo. Podemos adiantar que por primeira vez en máis de 5 anos obtense un resultado positivo ao peche de contas, froito da política de redución de gasto, obtendo un remanente de preto de 5.000 euros que deixan moi lonxe o resultado negativo do 2018 de -21.000 euros. No exercicio pasado, o de 2021, Acisa xestionou un orzamento aproximado aos 130.000 euros e estima para este 2022 máis de 110.000 euros de orzamento inicial”.

O presidente da asociación ribadense comentou “na xunta directiva tratamos varios asuntos de relevancia interna, dos que esperamos dar noticias proximamente, así como de novas iniciativas a desenvolver por parte de Acisa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...