InicioOrientalRibadeoAberto o prazo para inscribirse no desfile de Entroido en Ribadeo que...

Aberto o prazo para inscribirse no desfile de Entroido en Ribadeo que repartirá máis de 4.000 euros en premios

Dende a organización indican: “para obter información sobre a maneira de inscribirse recomendamos chamar aos teléfonos 982 128 689, 982 131 565 ou 982 120 565 ou ben consultar as webs do Concello ou de Acisa Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no gran desfile de Entroido, que se celebrará o 1 de marzo e que repartirá máis de 4.000 euros en premios, segundo informan o Concello de Ribadeo e Acisa.

Dende a organización indican: “para obter información sobre a maneira de inscribirse recomendamos chamar aos teléfonos 982 128 689, 982 131 565 ou 982 120 565 ou ben consultar as webs do Concello ou de Acisa Ribadeo”.

E explican: “para participar no desfile, pode realizarse a inscrición en persoa no rexistro das oficinas municipais ou a través do correo electrónico turismo@ribadeo.org. As bases e ficha de inscrición atópanse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do portal www.ribadeo.gal e na web www.acisaribadeo.es. Na ficha de inscrición pídese nome e apelidos, DNI, domicilio, teléfono de contacto e nome da acción de Entroido que se presentará no desfile.O prazo de inscrición estará aberto ata o luns, 28 de febreiro, ás doce da noite. Tamén se da opción para a inscrición o mesmo día do desfile no espazo habilitado no Teatro de Ribadeo (rúa San Roque, 2), de 15.00 ás 16.30 horas”.

Dende a organización deste Entroido lembran: “nesta edición repartiranse algo máis de 4.000 euros en premios. Destaca o da Mascarita, personaxe tradicional do Entroido de Ribadeo que se quere rescatar e pór en valor. O seu humor, retranca e interacción coa xente son elementos esenciais e moi propios desta festividade. Con este premio, por primeira vez cunha importante contía en metálico (300 euros), preténdese contribuír a nutrir o desfile e dotalo do humor e da retranca que tanto se precisa nestes tempos tan influídos pola pandemia. O Entroido de Ribadeo e o seu desfile deben ser unha oportunidade para a alegría, a desconexión e o vínculo coa veciñanza e visitantes”.

O resto dos premios son:

COMPARSAS E/OU CHARANGAS: 1º premio 500€, 2º premio 400€, 3º premio 300€

CARROZAS: 1º premio 300€, 2º premio 200€, 3º premio 100€

GRUPOS (mínimo 3 persoas): 1º premio 200€, 2º premio 150€, 3º premio 100 €

PARELLAS:1º premio 150€, 2º premio 100€, 3º premio 75€

INDIVIDUAIS: 1º premio 100 €, 2º premio 75€, 3º premio 50€

Na categoría infantil:

GRUPOS (mínimo 3 persoas): 1º premio 200€, 2º premio 100€, 3º premio 50€

PARELLAS: 1º premio 150€, 2º premio 100€, 3º premio 50€

INDIVIDUAIS: 1º premio 150€, 2º premio 100€, 3º premio 50€

Dende a organización tamén fan referencia ao xurado e aos criterios de valoración indicando que “o concurso terá un xurado composto por 7 membros: 5 vogais, presidenta, (concelleira de Cultura), secretaria (técnica de Cultura) e portavoz dos comerciantes e hostaleiros (xerente de Acisa Ribadeo), estes tres últimos con voz pero sen voto. Os cinco vogais serán persoas procedentes de ámbitos municipais coma o asociacionismo, a cultura, a comunicación, a imaxe, o deseño, etc., completamente independentes das entidades organizadoras.

O xurado terá en conta á hora de valorar os participantes: a orixinalidade, a creatividade e a novidade na temática, no vestiario, etc.; o espírito entroideiro: teatralidade e animación; o humor, interacción co público, retranca, simpatía, e capacidade de sátira, co fin de conseguir un ambiente festivo que vaia máis alá do simple desfile; a música, letras ou coreografías: se utiliza algún instrumento musical valórase máis que a música enlatada. Valórase que as letras sexan orixinais e retranqueiras. Tamén terán en conta o vestiario e maquillaxe: acabado do vestiario, complexidade, colorido, etc.; maquillaxe coherente co vestiario, vistoso, complexo, etc. E para rematar, os complementos que enriquezan a escena”.

Os organizadores engaden que “ambas entidades, ante a falta de comisión organizadora, decidimos traballar conxuntamente, para que aínda que, con formato reducido e adaptado ás circunstancias da pandemia, a veciñanza poida gozar desta festividade”.

E subliñan que “o domingo 27 xa hai unha primeira cita para as crianzas no baile infantil dende as 17:00 horas na sala Rosalar e os días previos ao desfile contaremos con animación nas rúas tanto ao mediodía coma á noitiña”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...