InicioEconomíaACISA Ribadeo anuncia os dous gañadores do sorteo pola campaña do Día...

ACISA Ribadeo anuncia os dous gañadores do sorteo pola campaña do Día do Pai

Os premios foron entregados tras concluír o prazo para reclamar os premios do día do pai sorteados por Acisa Ribadeo.

Publicada o

 Xa se coñecen os nomes dos gañadores da campaña do día do pai, da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ribadense. Tras concluír o prazo para reclamar os premios do día do pai sorteados por Acisa Ribadeo, dous xa foron entregados.
Eliseo Álvarez Rolle, de Ribadeo, e Juan Carlos Oroza Menéndez, de Serantes, coas rifas 3178 e 3465, entregadas en farmacia Mª Eugenia e en Fauna, foron os gañadores das dúas experiencias sorteadas na campaña do día do pai, que gozarán dunha experiencia de pura aventura a escoller entre máis de 5.500 actividades e de 2 días de desconexión, que constan dunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas, a elixir entre 2.800 destinos nacionais.
A outra papeleta (rifa 290, entregada en Saia) tras non reclamarse o premio quedou anulada e procedeuse a realizar de novo o sorteo, tal e como contemplaban as bases da campaña. Desde Acisa subliñan que “os premios poden reclamarse ata o vindeiro luns, 4 de abril, nas oficinas de Acisa Ribadeo de 09:30 a 14:30 na rúa San Roque 57 – baixo. E aínda que estea pechado o noso local, poden chamar ao 672 24 82 26. De non aparecer gañadores para este premio de 100 euros en vales de compra darase definitivamente por deserto”.
O número premiado no novo sorteo foi o 2277, que foi entregado en Centro de Lecer Con Sentidiño. Desde Acisa confían en poder entregar este premio. E lembran que o sorteo pode verse no Facebook @acisaribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...