InicioEconomíaOs acordos de Alcoa con Greenalia e Capital Energy "son longos"...

Os acordos de Alcoa con Greenalia e Capital Energy “son longos” e “aínda se están negociando”

O novo transformador de Alcoa comezará a construírse en xullo

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, informou de que o novo transformador principal na planta comezará a construírse a partir do mes de xullo. Este novo transformador, que ten regulador de tensión e que permitirá arrincar as cubas, ten un investimento comprometido por Alcoa de 6 millóns de euros. Prevese que se complete a fase de análise de solución entre maio e xuño antes de comezar coa súa construción.

Respecto das barras de compensación magnética para as series de electrólises –hai comprometido un investimento de 12 millóns de dólares–, o presidente do comité fixa en setembro o comezo da obra. Reclama que se arrinquen entre catro e oito cubas para observar a súa operatividade con esta cuestión, “algo que está a estudar a empresa”.

Tras un novo encontro de mesa de seguimento no que se abordaron os investimentos comprometidos, Zan explica que o forno de homoxeneizado para a fundición, no que hai comprometido un investimento de 3 millóns de dólares, a parte de enxeñaría non rematará ata o ano que vén, cando comezará a obra.

Paralelamente, prevese que o 20 de maio se realice a firma final dos acordos con Greenalia e Capital Energy para a subministración de enerxía por dez anos a partir de xaneiro de 2024, mentres que o caso de Endesa será o próximo 30 de xuño. Zan explica que son contratos xurídicos “bastante longos” e que “aínda se están negociando”.

Xunto a isto, o comité de empresa fixo un chamamento a consumir localmente no comercio e hostalaría para manter á comarca da Mariña nuns momentos complicados de crise económica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...