A Deputación colabora co Concello do Valadouro para mercar o antigo cine e un edificio en Ferreira

O concello, que achegou 10.020 euros, xa adquiriu e ten escriturados estes inmobles "co obxectivo de mellorar os servizos públicos que ofrece á veciñanza".

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda - DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación de Lugo colabora co Concello do Valadouro na adquisición de inmobles. En concreto, cunha achega de 65.000 euros para a compra de tres bens inmobles no centro de Ferreira.

A entidad local comprou o antigo cinema, unha parcela anexa a el e unha vivenda en ruínas con leira mediante un convenio asinado polo presidente provincial, José Tomé, e o alcalde, Edmundo Maseda. O concello, que achegou 10.020 euros, xa adquiriu e ten escriturados estes inmobles “co obxectivo de mellorar os servizos públicos que ofrece á veciñanza”.

A Deputación Provincial asegura que estes proxectos serven para que desde o concello “se atendan as necesidades sociais con novas dotacións públicas, á vez que se lles dá unha nova vida a infraestruturas que se atopan en desuso”. O presidente provincial subliñou tamén o compromiso de colaboración co consistorio.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here