InicioEconomíaConferencia sobre métodos de pago por internet na aula CEMIT de Ribadeo...

Conferencia sobre métodos de pago por internet na aula CEMIT de Ribadeo o mes de maio

Desde a aula CEMIT apuntan “neste sentido, ¿qué métodos de pago podemos usar na actualidade? Nesta charla repasaremos os principais métodos de pago: bizum, tarxetas revolving, pago por móbil, etc. dando a coñecer os nosos dereitos como persoas consumidoras e usuarias”.

Publicada o

- Advertisement -

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá o vindeiro 5 de maio unha charla sobre métodos de pago por internet como bizum ou criptomoedas. Será entre as 12 e as 13 horas.

Desde a Aula CeMIT explican que “o auxe das transaccións en internet debido as consecuencias do coronavirus levounos a ter que adecuarnos a novos métodos de pago. Cada vez hai máis sistemas que melloran a experiencia aportando unha (aínda) maior protección de datos e seguridade para facer compras a golpe de clic”.

E engaden: “neste sentido, ¿qué métodos de pago podemos usar na actualidade? Nesta charla repasaremos os principais métodos de pago: bizum, tarxetas revolving, pago por móbil, etc. dando a coñecer os nosos dereitos como persoas consumidoras e usuarias”.

As persoas interesadas en asistir a esta charla informativa poden inscribirse chamando ao teléfono 982 120 732 ou enviando un email ao correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...