InicioEconomíaO Comité de Alcoa espera que Greenalia e Capital Energy alcancen un...

O Comité de Alcoa espera que Greenalia e Capital Energy alcancen un acordo para construír parques eólicos

Di que sería unha "barbaridade" e o "máis grande de Europa".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao, no municipio lucense de Cervo, José Antonio Zan, expresou o seu desexo de que este venres Greenalia e Capital Energy alcancen un acordo para a construción de parques eólicos na zona co fin de abaratar a factura enerxética da planta mariñá.

Segundo manifestou, os traballadores están “expectantes” polo acordo, e así lembrou que “se se cumpren os prazos mañá (venres) sería o último día para asinar o acordo e Endesa sería o 30 de xuño”. Coa creación deses parques, Zan sinalou que poderían servir para facer fronte a eses “3’5 millóns” de megawatts que precisa a planta de San Cibrao ao ano.

“Todo isto leva uns trámites xurídicos e administrativos. Se finalmente chegan a asinar unha PPA este 20 de maio sería unha boa noticia, xa que aseguraría a operación a longo prazo porque este tipo de parques eólicos son a dez anos e poden ser máis anos”, explicou este sindicalista de Comisións Obreiras.

En canto á potencia, José Antonio Zan concretou que “se está negociando sobre a base, polo consumo real de cada hora e nós consumimos uns 410 megawatts á hora e esta potencia vén ser o 1,5 por cento do consumo nacional”. Se se chega á creación dos devanditos parques eólicos, “entre dúas ou tres empresas”, xa avanza o presidente do comité de empresa que “sería unha auténtica barbaridade, porque sería dos máis grandes de Europa e o máis grande de España con gran diferenza”. Finalmente confirmou que o próximo 2 de xuño haberá unha nova reunión da comisión de seguimento en Madrid, en concreto no Ministerio de Industria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...