InicioEconomía300 euros por quilo, prezo máximo para o primeiro bonito da tempada

300 euros por quilo, prezo máximo para o primeiro bonito da tempada

Publicada o

- Advertisement -

A costeira do bonito no Cantábrico botou a andar o pasado mércores con cifras “marca” nas primeiras vendas realizadas en Avilés (Asturias), onde se vendeu a “máis de 300 euros o quilo”.

Así o trasladou o presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Burela, Basilio Otero, que augurou que a tempada será curta. “Este ano estase atrasando un pouco a saída, aquí en Burela as primeiras vendas prodúcense despois das festas patronais da próxima semana”, sinalou Otero.

O responsable das confrarías a nivel estatal incidiu que a costeira que arrincou o mércores é “diferente” por culpa do alto prezo do combustible, que fai que os barcos “non estean a apurar tanto”. “En Burela onte (mércores) saía algún e o luns tamén”, certificou Otero, que puntualizou que “non houbo avance na xestión desta pesqueira e vai ser curta”.

“Si hai peixe preto como outros anos e cando se empece a pasar ao cebo vivo vaise a acabar pronto. Se chega a mediados ou finais de agosto sería unha vitoria”, recalcou. Otero incidiu en que en “os últimos anos saían á costeira do bonito entre dez e doce embarcacións, aínda que este ano co prezo do gasóleo non sabemos se van saír todos”.

“Algún dixo que non ía saír, os barcos de pouco porte poderían saír a finais de xuño porque antes seguro que non van saír a faenar”, concluíu o patrón maior de Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...