InicioEconomíaAs tres plantas de Alcoa protestarán en Vegadeo a oito días da...

As tres plantas de Alcoa protestarán en Vegadeo a oito días da fin das negociacións do ERE

As tres fábricas farán folga e o paro en San Cibrao durará de 6.00 a 22.00 horas

Publicada o

- Advertisement -

Empregados de Alcoa na Coruña, Avilés e San Cibrao mobilizaranse este mércores en defensa da industria do aluminio e do emprego.

Os traballadores das tres fábricas españolas concentraranse este mércores en demanda dunha solución para as plantas coruñesa e asturiana, sobre as que pesa un ERE de extinción, a oito días de que expire o período de consultas.

As tres fábricas realizarán folga. Na planta coruñesa comezou ás 22.00 horas deste martes, mentres que na planta de Cervo o paro iniciarase ás 6.00 horas, para rematar ás 22.00.

Os traballadores da planta cervense sumaranse á protesta organizada en Vegadeo polos obreiros de Avilés e A Coruña.

Un autobús sairá da planta cervense ás 8.45 horas para estar entre as 9.30 horas e as 10.00 no parador de Ribadeo, lugar de saída da marcha dos empregados da Grela. Outro, ás 10.45, para chegar a Vegadeo.

Outra marcha, convocada polos obreiros de Avilés, sairá de Castropol. Os dous grupos atoparanse na ponte da Veiga, ás 12.00 horas. Posteriormente, a marcha seguirá ata a Praza do Concello vegadense.

EN MAREA

O período de consultas do ERE rematará en nove días, o 27 de decembro, e a presión medra sobre os obreiros e tamén sobre o Goberno. Os traballadores solicitan ao Executivo central que interveña no conflito para asegurar o futuro da industria do aluminio.

Este martes, o voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez Reino, asegurou a Pedro Sánchez que a formación non aprobará os orzamentos do Goberno central “sen solución para Alcoa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...