InicioSucesosPiden prisión por acosar a unha traballadora dun supermercado de Navia

Piden prisión por acosar a unha traballadora dun supermercado de Navia

Tras negarse a vítima a facilitarlle o seu teléfono, o acusado envioulle reiteradas notas e flores desde agosto do 2016 ao mesmo mes de 2018

Publicada o

- Advertisement -

A Fiscalía do Principado de Asturias solicita a condena dun home por acosar durante anos a unha empregada dun supermercado de Navia. Este luns celebrarase a vista oral no Xulgado do Penal número 2 de Avilés, ás 11.20 horas.

O Ministerio Fiscal sostén que a vítima coñeceu ao acusado con motivo do seu traballo nun supermercado de Navia. Nun primeiro momento, o home pediulle o seu teléfono particular, ao que a muller negouse.

A partir de entón, o acusado comezou a enviarlle flores e notas, preguntándolle onde estaba e decíndolle que quería iniciar unha relación. O home mandoulle o primeiro mensaxe o 12 de agosto de 2016, e o último o 6 de agosto do 2018, cando a vítima denunciou.

PETICIÓN

Segundo o fiscal, como consecuencia dos feitos, a muller viu alterado o seu día a día. A Fiscalía cre que os feitos son constitutivos dun delito de acoso e pide un ano de prisión para o acusado, con orde de afastamento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...