Chegará o galego a ser cooficial en toda Asturias?

A RAG volve pedir a cooficialidade da lingua galega máis alá do Eo.


O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, reivindicou a presenza do galego en Asturias para reclamar que se declare a súa oficialidade, en igualdade de condicións que o asturiano, no novo Estatuto de Autonomía desta comunidade autónoma.

Fíxoo aludindo aos “dereitos” daqueles asturianos que usan o galego e a preguntas dos xornalistas despois de que a institución remitise ao presidente do Principado, Adrián Barbón, ao Goberno de Asturias e aos grupos parlamentarios o informe aprobado no seu último pleno ordinario á mantenta da reforma do Estatuto de Autonomía do Principado.

Sobre o documento da institución académica, sinalou que está “moi documentado” e “moi razoado”. “Convido a lelo e non a moverse por instintos”, sentenciou Freixanes, quen engadiu que a RAG “argumenta as cousas cando as di”. Por outra banda, recalcou que teñen a “obrigación” de defender o galego alí onde haxa falantes” sexan “moitos ou poucos”. “A dignidade da lingua galega tamén está no galego exterior”, engadiu aludindo á banda occidental de Asturias, pero tamén ao Bierzo e Zamora.

Na mesma liña, incidiu que o seu obxectivo non é ir ocupar ” nada” e insistiu en que o galego na zona de Asturias máis próxima a Galicia “non é un invento da RAG nin dos galeguistas”. “Se se fala teñen os seus dereitos”, recalcou.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here