InicioTres praias de Castropol e Tapia de Casariego súmanse á Rede Asturiana...

Tres praias de Castropol e Tapia de Casariego súmanse á Rede Asturiana de Praias Sen Fume

Trátase de Penarronda, en Castropol e La Ribeiría y Santa Gadea, en Tapia de Casariego.

Publicada o

- Advertisement -

Tres areais do Occidente de Asturias súmanse á Rede Asturiana de Praias sen Fume que impulsa a Consellería de Saúde: Penarronda, en Castropol; e La Ribeiría e Santa Gadea, en Tapia de Casariego,

Nesta iniciativa, que fomenta unha vida libre de tabaco participan xa 14 areais do Principado. O proxecto, que comezou en 2019, é unha proposta non só educativa, senón tamén de concienciación social para promocionar estilos de vida, lecer e turismo saudables que o Principado desenvolve en colaboración cos concellos.

Nas praias sen fume promóvese que non se fume en toda a zona ou en áreas sinalizadas, a excepción os espazos ao aire libre dos locais de hostalaría. A medida contribúe a protexer do fume do tabaco a nenos e adolescentes, dado que a exposición é nociva durante todas as etapas da vida, especialmente nas máis temperás.

Esta iniciativa defende, así mesmo, o respecto polo medio ambiente, xa que as cabichas dos cigarros non son biodegradables e tardan até 10 anos en descomporse. Estímase que un filtro de cigarro provoca a contaminación de oito litros de auga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...