Vegadeo homenaxea aos organizadores da Semana Santa de Piantón

A parroquia recibiu este xoves o premio "Vegadense del Año" que outorga a asociación Amigos de Vegadeo y su Concejo

Imaxe dunha das escenas que se representan na Semana Santa de Piantón

A Semana Santa de Piantón recibiu este xoves o premio Vegadense del Año. O párroco Miguel Flórez Rodríguez e Lourdes Fernández González –veciña da parroquia- recolleron o recoñecemento no nome da comunidade que, cada ano, renova unha tradición con máis de tres séculos de historia.

“É un premio ao esforzo de tantos anos e xeracións dedicadas a isto”, sinalaba Lourdes Fernández, pouco antes de recibir o galardón no acto organizado pola asociación de  Amigos de Vegadeo y Su Concejo na Casa da Cultura da capital veigueña.

PASADO RELIXIOSO

A parroquia de Piantón  -que conta con menos de 200 habitantes–  ten unha identidade específica dentro do municipio vinculada, en boa medida, a un pasado ligado á igrexa católica. A igrexa de San Esteban – reformada en varias ocasións ao longo da historia- formou parte dun mosteiro da orde de Malta documentado desde 1079.

“Cada vez hai menos xente, e menos xuventude, pero os que quedan vanse incorporando, e tomando esta tradición con interese”, comenta o sacerdote Miguel Flórez, que leva 44 anos na parroquia.

“é unha obra colectiva, Que soubo adaptarse a cada época para non desaparecer”, destacou o xurado no fallo do premio

Para a maioría da veciñanza, a organización da Semana Santa é un ritual do que participan desde a infancia. “Todo o mundo colabora e todo o mundo sabe o que ten que facer. De todas as familias, hai alguén involucrado directamente na organización. A tradición vai pasando de pais a fillos”, explica Fernández, quen dende nena -da man de seu pai- toma parte na celebración.

OBRADOIRO DE IMAXINERÍA

Ademais da súa tradición secular, outra das singularidades da Semana Santa piantonesa son as imaxes articuladas que protagonizan as procesións e as representacións das pasaxes bíblicas relacionados coa morte de Xesucristo. Entre elas, as tallas labradas polos santeiros locais Manuel Ventura Loreda e José Ramón Loreda a finais do século XIX e comezos do XX.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here