San Martiño de Mondoñedo atraeu a case 27.000 visitantes, 1.500 máis ca no 2017

Persoas de 37 nacionalidades achegáronse ao monumento, que segue "batendo récords"

San Martiño de Mondoñedo. TURISMO DE FOZ

O Concello de Foz informou de que a basílica de San Martiño de Mondoñedo recibiu case 27.000 persoas no 2018.

O alcalde de Foz, o popular Javier Castiñeira, asegurou que pasaron polo templo 26.993 visitantes, 1.500 persoas máis ca no 2017.

O rexedor afirmou que a basílica, que recibiu visitantes de 37 nacionalidades diferentes (como Nova Zelandia, Australia ou Túnez), “segue batendo récords”.

No pasado agosto visitaron o templo 8.604 persoas, das que 597 se achegaron o día 16 dese mes.

Castiñeira atribúe a suba a varios factores, entre eles a organización de eventos ao longo do ano e á posta en marcha dun servizo “diario” de guía e atención aos visitantes.

O alcalde focego destacou tamén, como foco de atracción, a posta en funcionamento do centro de interpretación de San Martiño, que permite aos visitantes coñecer mellor a historia do tempo.

HISTORIA

Construída nos séculos XII e XIII sobre a considerada como a igrexa máis antiga de España, do século VI, e sobre un templo prerrománico do século X, San Martiño foi sede episcopal da diócese mindoniense.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here