A Xunta fará traballos de conservación e limpeza en tres ríos de Mondoñedo

Actuará en 1,6 quilómetros do río Gontán, 890 metros do Masma e 175 metros do Tronceda

A Xunta retirará árbores e madeira morta. AXM

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de mantemento, conservación e mellora das marxes e cuncas fluviais de tres ríos no concello de Mondoñedo.

En concreto, a administración autonómica impulsa a limpeza nun treito de 1,6 quilómetros do río Gontán, 890 metros do río Masma e 175 metros do río Tronceda.

As tarefas executaranse nos vindeiros días nos lugares de Ponte Cabana e Ponte Viloalle, nas parroquias de Nosa Señora dos Remedios e Santa María de Viloalle, respectivamente.

TAREFAS

Os principais traballos consisten na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes, así como da madeira morta existente.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here