IniciosociedadeRibadeo abre o prazo de solicitude de axudas para repoboar con frondosas

Ribadeo abre o prazo de solicitude de axudas para repoboar con frondosas

Facilitaranse árbores como castiñeiros híbridos, carballos ou cerdeiras e a data límite para pedir as subvencións é o 11 de febreiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo abriu o prazo para a solicitude de axudas para plantar árbores frondosas nas faixas de protección fronte aos incendios forestais

Os interesados poden solicitar no consistorio un formulario para pedir estas subvencións. Informan tanto na área de medio ambiente como nas oficinas xerais. O prazo ficará aberto ata o 11 de febreiro.

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, afirma que se trata “dun paso máis trala campaña de limpeza das faixas de protección fronte aos incendios forestais. Queremos botar unha man na repoboación e evitar que estes espazos volvan retoñar, sabendo que a norma débese cumprir cada ano“. 

CONCESIÓNS

A contía todal das axudas ascende a 6.500 euros “e repartirase en función das solicitudes recibidas e da superficie afectada, tendo en conta a clase de terreo do que se trata á hora de definir o número e tipo de árbores que se poden plantar”, explica Jaime Pérez, técnico de medio ambiente.

ESPECIES

As árbores que se van facilitar son: pradairos, bidueiros, freixos, castiñeiros híbridos, cerdeiras, carballos, abeleiras e nogueiras.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...