InicioPolíticaRibadeo aproba expropiacións para ampliar o paseo das Aceas ata a vía...

Ribadeo aproba expropiacións para ampliar o paseo das Aceas ata a vía do antigo tren mineiro

O pleno deste martes aprobou sen votos en contra a o orzamento presentado polo goberno municipal para 2019, que contempla unha baixada do 16% na recadación polo IBI

Publicada o

- Advertisement -

O pleno de Ribadeo aprobou por unanimidade o proxecto de expropiación forzosa dos terreos para ampliar o sendeiro peonil das Aceas ata a antiga vía do tren mineiro de Ribadeo a Vilaoudriz.

O concello remitirá o acordo á Xunta de Galicia para que dea luz verde á ocupación dos terreos e poidan iniciarse os traballos de substitución de eucaliptos por árbores frondosas. Así, continuarase coa restauración da ruta pola marxe da ría de Ribadeo que, ata agora recuperada nun treito de tres quilómetros entre a antiga fábrica de algas da Vilavella e o muíño de mareas das Aceas.

A restauración dos hábitats autóctonos na beira da ría inclúense no proxecto europeo Life Fluvial, que ten como obxectivo a mellora do estado de conservación dos corredores fluviais da Rede Natura 2000 e na que o Concello de Ribadeo participa xunto a outras entidades como Intereo, a Universidade de Santiago ou a Universidade de Oviedo, coordinadora do programa.

ORZAMENTO DE 9,2 MILLÓNS DE EUROS

O pleno ordinario deste martes tamén aprobou o orzamento presentado polo goberno municipal para 2019, que ascende a 9,2 millóns de euros. As contas saíron adiante cos votos favorables do BNG e do Partido Popular e coas abstencións de PSOE e Ciudadanos.

O alcalde, Fernando Suárez Barcia, explicou que o presuposto se reduce “case 300.000 euros” ao contemplar unha baixada do 16 por cento na recadación do Imposto de Bens Inmobles (IBI) pero que “cumpre” coa estabilidade e a regra de gasto.

O rexedor nacionalista destacou que as contas consignan 1,2 millóns de euros para investimentos pendentes no rural e nas rúas periférica da vila que, admitiu, “quedaban un pouco á marxe”.

Neste capítulo, subliñou a partida de 50.000 euros destinada as obras de renovación da drenaxe e do céspede do Pepe Barrera.

GASTO SOCIAL

O orzamento inclúe a licitación do Servizo de Axuda no Fogar para as persoas dependentes e a transferencia á Deputación de Lugo dunha achega municipal para o funcionamento da nova residencia de maiores.

Concelleiras e concelleiros de BNG e PSOE posan con representantes da Plataforma

PEDIATRÍA

O pleno ribadense aprobou por unananimidade unha moción, presentada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, na que os grupos políticos demandan á Xunta de Galicia a cobertura do servizo de pediatría nos concellos de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo.

O colectivo, que levará a moción a outros concellos da comarca, felicitouse pola “solidariedade” da corporación municipal co “grave problema sanitario” dos municipios veciños.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...