InicioM.ambiente e PatrimonioMondoñedo, entre os lugares nos que "a Lei de depredación" fai "perigar"...

Mondoñedo, entre os lugares nos que “a Lei de depredación” fai “perigar” o Camiño

En Marea advirte da "vista gorda" da Xunta para "favorecer ás eléctricas" no proxecto do parque éolico Sasdónigas

Publicada o

- Advertisement -

O voceiro de En Marea, Luís Villares, denunciou este luns que a Xunta de Galicia “fai a vista gorda” e que promove actuacións que “atentan directamente” contra o Camiño de Santiago e que poñen “en perigo” a súa condición de Patrimonio da Humanidade.

Nunha rolda de prensa, Villares referiuse a actuacións prexudiciais á Ruta Xacobea no parque eólico das Sasdónigas, en Mondoñedo, na Ponte Ribeira de Sarria, na mina de Touro-O Pino ou no mosteiro de Oia, onde “a Xunta autoriza, promove ou fai a vista gorda ante manobras que atentan contra os valores do Camiño en lugar de defendelos”.

O voceiro do partido instrumental criticou especialmente o impacto que a “Lei de depredación” ten nestas actuacións, posto que condena á “a desprotección total do conxunto histórico-artístico” destas zonas.

Para Villares estes casos revelan “os intereses que realmente ten o PP con relación ao Camiño e os valores que forman a súa acción de goberno”, entendendo que “as súas verdaderas intencións son a esquilmación do territorio sen crear apenas emprego e favorecendo a estas empresas, que destrúen o medio ambiente e o patrimonio”.

Villares detallou que nas Sasdónigas de Mondoñedo a construción de dous parques eólicos produciu destrozos no trazado do Camiño Norte a nivel patrimonial, ambiental, e social “cunha aplicación da Lei de depredación ambiental a costa dos valores da ruta para favorecer intereses das eléctricas”.

SARRIA

En Sarria, asegurou o voceiro de En Marea, a Ponte Ribeira, pola que pasa o Camiño Francés, “leva desaparecida case catro anos porque lle sacaron o taboleiro para facer outro, pero por cuestións electoralistas entre administracións segue igual e os peregrinos teñen que buscar outras rutas distintas ás orixinais do camiño, algo especialmente grave nunha das principais etapas desta ruta”.

TOURO

Do mesmo xeito, a explotación da mina de Touro-O Pino constitúe unha “afectación patrimonial, visual e acústica e compromete todos os valores ecolóxicos de Galicia para favorecer intereses dunha minoría”, destacou Villares.

Neste caso, advertiu, xa existe un informe negativo do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (Icomos), a organización sen ánimo de lucro que acredita se se manteñen os valores establecidos para determinar un monumento como Patrimonio da Humanidade, no que se recolle que a mina poría en serio perigo a continuidade do camiño con esta consideración.

OIA

Por último, en Oia, Villares apuntou que existe unha afectación dobre, o abandono do Mosteiro sen requirimento á propiedade para que fagan as labores mínimas de mantemento, e a desprotección total do conxunto histórico-artístico, cun PXOM que permite construír arredor deste conxunto de maneira depredadora.

INICIATIVAS PARLAMENTARIAS

Diante desta situación, En Marea solicitará novos informes ao Icomos, ao tempo que trasladará iniciativas parlamentarias ao respecto tras establecer contacto con entidades e mareas locais das zonas.

O voceiro do partido instrumental confía en que a Cámara galega se pronuncie a favor dos valores culturales, ecolóxicos y patrimoniais del Camiño, “ignorados sistematicamente pola Xunta”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...