Mariña Patrimonio organiza o vindeiro 30 de marzo unha visita guiada a Foz para coñecer o seu patrimonio civil e relixioso.
Nesta visita, ademais de percorrer lugares emblemáticos da vila, os participantes achegaranse ata a Frouxeira, a basílica de San Martiño de Mondoñedo e Vilaronte.
A xornada desenvolverase ao longo da mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e continuará pola tarde de 16.00 a 19.00 horas.
Antes de reanudar as actividades da tarde, haberá un xantar no que poderán participar todas as persoas que o desexen.
AUTOBÚS
De haber un número suficiente de persoas interesadas en participar nesta actividade, os desprazamentos faranse en autobús, que sairía de Viveiro e faría paradas intermedias ata chegar a Foz.
As persoas que veñan doutra zona, e tamén as de Foz, poderían incorporarse ao bus para desprazárense ata os diferentes lugares da visita.
INSCRICIÓNS
Mariña Patrimonio ten aberto o prazo para anotarse na actividade. A data límite para inscribirse é o próximo xoves 21 de marzo. O custo do autobús é de dez euros, por doce do xantar e tres ou dez da actividade en función de se o participante é socio da agrupación ou non.
Os interesados deben enviar un correo a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o nome, se é socia/o ou non, así como as opcións que lle interesen respecto ao bus e ao xantar.