A Deputación patrocina o traballo de recuperación da Vía Rexia do Norte

Neste 2019 perfilarase o trazado, que abrangue os concellos de San Tirso, Vegadeo, A Pontenova, Riotorto, Meira, A Pastoriza, Castro de Rei e Lugo, e no 2020 sinalizarase a ruta

Presentación do convenio para a recuperación da Vía Rexia do Norte. AXM

A Deputación de Lugo promoverá a recuperación dunha nova ruta xacobea, a Vía Rexia do Norte, que abrangue os concellos asturianos de San Tirso de Abres e Vegadeo e os lucenses da Pontenova, Riotorto, Meira, A Pastoriza, Castro de Rei e a capital lucense.

A intención é que o itinerario, do que hai evidencias desde alomenos o 1240, sexa recoñecido como Camiño de Santiago con motivo do Xacobeo 2021.

SINALIZACIÓN DO TRAZADO

A partir do convenio entre o goberno provincial e os Concellos, traballarase na procura do trazado orixinal ao longo desde 2019 e no 2020 acometerase unha segunda fase do proxecto, neste caso de mellora dos camiños, estudo dos bens patrimoniais sinalización da ruta.

Podes consultar a información completa no LugoXornal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here