InicioM.ambiente e PatrimonioO centro español de documentación espeleolóxica, ubicado en Mondoñedo, abrirá en maio

O centro español de documentación espeleolóxica, ubicado en Mondoñedo, abrirá en maio

O Pazo de San Tomé aglutinará a biblioteca da Federación Galega e as memorias de todas as exploracións que se fixeron en España, de consulta aberta ao público previa solicitude

Publicada o

- Advertisement -

A Confederación de Espeleología y Cañones (CEC) celebrará o vindeiro 4 de maio a súa asemblea xeral en Mondoñedo, data na que se abrirán as portas do centro de documentación espeleolóxica a nivel estatal, que vai estar emprazado no Pazo de Santo Tomé, de titularidade municipal e cedido polo goberno local.

O centro aglutinará no espazo a biblioteca da Federación Galega de Espeleoloxía, así como as memorias de todas as exploracións que se fixeron en España e a documentación da antiga Federación Española.

Son, tal e como explica o presidente da Federación Galega e secretario da Confederación Española, Francisco Manuel Martínez, preto de 3.000 volumes que serán organizados nunha primeira fase para, nun futuro, poder ser dixitalizados.

Martínez precisa ademais que varias federacións autonómicas amosaron o seu interese por achegar novas publicacións, que pasarán a formar parte do centro. Toda a documentación estará á disposición dos federados, así como do público en xeral baixo solicitude previa.

Espazo de consulta. AXM

No acto de inauguración participarán os presidentes de todas as federacións autonómicas e das dúas asociacións presentes na CEC.

A rexedora, a popular Elena Candia, agradece o interese da CEC por emprazar o centro de consulta en Mondoñedo, o que permitirá que a cidade pase a ser “un referente imprescindible no mundo da espeleoloxía”, ao sumar “este importante reclamo”.

A COVA DO REI CINTOLO, RECLAMO

Mondoñedo conta coa Cova do Rei Cintolo, a meirande de Galicia e unha paisaxe inédita no territorio galego, pouco propicio para a formación deste tipo de cavidades.

No 2018 rexistrouse un récord de visitas guiadas á cova, con 2.093 visitantes. A campaña de 2019 comezou no pasado mes de marzo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...