InicioM.ambiente e PatrimonioDenegada a autorización ambiental para a canteira proxectada en Naraído

Denegada a autorización ambiental para a canteira proxectada en Naraído

O Principado ratifica que os terreos afectados están protexidos polo planeamento municipal de San Tirso de Abres e advirte do impacto da actividade sobre a aldea e os mananciais próximos

Publicada o

- Advertisement -

A Consejería de Medio Ambiente denegou a Declaración de Impacto Ambiental para a canteira de pizarra proxectada en Naraído, no concello de San Tirso de Abres.

A resolución, publicada este mércores no Boletín Oficial do Principado de Asturias (BOPA), sinala que a maior parte dos terreos afectados polo proxecto da Explotaciones del Eo S.L. están nunha zona na que está prohibida a explotación mineira xa que se trata de solo de Especial Protección de Paisajes Naturales no Planeamento Municipal.

Con este mesmo argumento, a Comisión de Urbanismo y Ordenación del Territorio de Asturias (CUOTA) informara desfavorablemente o proxecto o pasado mes de novembro.

FALTAN MEDIDAS DE PROTECCIÓN

Na análise técnica do proxecto arguméntase que o promotor non aclara as medidas de protección para a aldea de Naraído nin para as fontes das que se abastecen este e outros núcleos próximos.  Engádese que tampouco se prevén actuacións concretas en caso de verse afectada a subministración de auga. Ademais, apunta que non se achega ningún plan de restauracion da área afectada.

O informe de Medio Ambiente xunta as avaliacións realizadas pola Confederación Hidrográfica do Norte, que pon obxeccións ao funcionamento da balsa de decantación, e polo Servicio de Espacios Públicos Protegidos y Conservación de la Naturaleza, que apunta que o proxecto presentado pola empresa non ten a calidade suficiente para determinar o seu impacto sobre a flora, a fauna e a paisaxe da zona, pertencente a Reserva da Biosfera río Eo, Oscos e Terras de Burón.

ALEGACIÓNS

O pronunciamento recolle así parte das alegacións presentadas pola veciñanza e pola Coordinadora Ecoloxista d’Asturies, que insistiron na cercanía da explotación ás casas, situadas a menos de 200 metros do perímetro, e na afectación das augas.

O colectivo ecoloxista agarda que “esta negativa paralice a canteira definitivamente e non busquen outras artimañas para intentar legalizala”.

A mesma resolución engade que unha rebaixa dos niveis de protección na normativa municipal, “suficientemente acreditada”, abriría a porta á viabilidade da pizarreira que, en todo caso, debería subsanar as deficiencias sinaladas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...