InicioM.ambiente e PatrimonioCervo prepara unha andaina para dar a coñecer a ruta xacobea que...

Cervo prepara unha andaina para dar a coñecer a ruta xacobea que atravesa A Mariña

O Concello reuniuse coas asociacións para promocionar en maio o Camiño do Mar, que pasa por Sargadelos, a capital municipal ou San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo e as diferentes asociacións do municipio traballan para poñer en valor o treito coñecido como o Camiño do Mar, “co obxectivo posto no Xacobeo 2021”.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Mali Méndez, e concelleira de cultura, Dolores García Caramés, mantiveron un encontro co tecido asociativo do Concello, co obxectivo de dar a coñecer esta ramificación do Camiño Norte “con gran valor patrimonial, histórico e medioambiental, comparable ás demais rutas que teñen como destino a capital galega”, precisaron.

A primeira actuación que se vai levar a cabo para darlle difusión a esta ruta será o vindeiro mes de maio, cando se programará unha camiñada para percorrer este tramo do Camiño ao seu paso polo municipio.

PUNTOS DE INTERESE HISTÓRICO

O itinerario sobre o que están a traballar pasaría polo complexo industrial de Sargadelos, por Cervo e a súa Praza do Souto, e chegaría a San Cibrao, onde se poden ver os pedazos que quedan do primeiro Camiño Real que entraba na vila procedente de Sargadelos.

O itinerario tamén ofrece outros puntos de interese histórico para o camiñante, como o hospital de San Andrés, un antigo centro benéfico no que se acollían peregrinos, pobres e transeúntes e que hoxe é capela.

TRAZADA POR UN ITALIANO NO SÉCULO XVI

Trátase dunha ruta costeira que pretende poñer en contacto Ribadeo e Ferrol, que foi trazada polo peregrino Bartolomeu Fontana en 1539, tal e como quedou recollido no documento histórico ‘un italiano en la España de Carlos V: la peregrinación de Bartolomé Fontana. 1538-1539‘.

Fontana era un peregrino italiano disposto a percorrer o denominado Camiño Norte; unha ruta interior máis curta que a que escolleu finalmente. Segundo expón o goberno local cervense, semella que cambiou o itinerario para investigar o que el mesmo denomina “per la marina”, manténdose sempre ao carón do mar ata acadar Ferrol, para máis adiante tomar o Camiño Inglés.

TRES RUTAS ALTERNATIVAS POR LUGO

O Camiño do Mar, a Vía Rexia do Norte ou a Ruta Künig son tres variantes do Camiño de Santiago que pasan pola provincia de Lugo. A Deputación de Lugo traballa en proxectos de documentación destes tres itinerarios para o seu recoñecemento oficial, a poder ser no 2021.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...