InicioM.ambiente e PatrimonioO domingo comeza a tempada do salmón nos catorce cotos do Eo...

O domingo comeza a tempada do salmón nos catorce cotos do Eo asturianos

O declive da especie nos últimos anos escurece as expectativas dos pescadores dunha e outra beira do Eo

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro domingo, 14 de abril, inaugurase a temporada de pesca de salmón nos ríos asturianos. A apertura da veda afecta aos 14 cotos do Eo administrados polo Principado de Asturias, dez deles no límite entre as dúas comunidades, compartidos por Galicia.

Tamén comezará a actividade pesqueira nos ríos Narcea, Sella, Cares e Esva. Nos ríos galegos, o inicio da campaña demorarase ata o 1 de maio, como nos últimos anos.

A captura do “campanu”, o primeiro salmón da temporada, será o aliciente das primeiras xornadas no río para os pescadores, que non son optimistas.

“A MENOS”

“Supoñemos que a situación será a dos últimos anos, nos que tanto o salmón, como a troita, foron a menos”, anticipa Francisco Javier Rois, ‘Taracho’, pescador e responsable do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova.

“O problema do salmón é incluso máis complexo porque non depende só do estado do río, senón do nivel de explotación desta especie no mar e polo tanto de acordos internacionais“, argumenta.

a situación da especie non depende só do río senón da explotación da pesquería no mar e por tanto de acordos entre estados

Malia o descenso de salmónidos, o inicio da temporada espérase con igual expectación aos dous lados do Eo. “Os lotes outórganse por sorteo puro tanto en Asturias como en Galicia, polo que as opcións son as mesmas para todos. Eu teño o primeiro para o 27 de abril, no río Narcea”, explica Taracho.

A temporada prolongarase ata o 15 de xullo nos tramos de pesca con morte. Cada pescador poderá capturar un salmón por día, ata un máximo de catro na temporada. Despois do cupo, a pesca deberá practicarse sen morte.  A talla mínima dos exemplares  debe ser de 45 centímetros.  

PESCA SEN MORTE

A Ponte de San Tirso é o único tramo de pesca sin morte na parte asturiana do Eo. Coincidindo co inicio da temporada, a Coordinadora Ecoloxista d´Asturies alertou do declive da especie nos ríos.

Segundo os datos achegados polo colectivo, no último censo outonal de salmóns contabilizáronse 1.570 exemplares fronte aos 2.471 de 2017, un declive fronte ao que propoñen prohibir a pesca con morte.

os ecoloxistas alertan de que no censo outonal contabilizáronse 1.570 exemplares en asturias, por 2.471 do 2017

A Coordinadora amosouse partidaria da pesca sen morte, captura e solta, como único método de pesca durante toda a temporada.

Ademais, cuestionaron as repoboacións dos ríos argumentando que supoñen un “problema engadido á biodiversidade  ao reducir a variedade xenética da especie” e avogaron pola creación de vedados nas zonas de desove.

Na parte galega da conca, o pasado ano, o CIT da Pontenova promoveu a declaración de dous treitos sen morte nos cotos de Salmeán e Xinzo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...