A Casa Museo de Cunqueiro recibiu máis de 1.000 visitas en mes e medio

Visitantes de Alemaña, Francia ou El Salvador achegáronse á pinacoteca

Habitación de Cunqueiro, no museo. AXM

A Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, ubicada na Praza da Catedral de Mondoñedo, recibiu máis de 1.000 persoas desde a súa apertura, o pasado 1 de marzo.

En concreto, recibíronse visitantes de Galicia, así como doutras comunidades, entre as que destacan Asturias e Madrid. As visitas internacionais proceden de Alemaña, Francia e Hungría; no caso de Europa e incluso de América, cuns visitantes chegados de El Salvador.

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, sinala que a pinacoteca “era un compromiso adquirido polo propio goberno local, non só con Mondoñedo, senón tamén con Galicia”, polo que agradece que este interese “se vexa recompensado coas visitas que se están a recibir”.

HORARIO DE VISITAS

A Casa Museo Álvaro Cunqueiro abre de luns a domingo de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. Tamén abriu o luns 18 de marzo, pola Ponte de San Xosé, e o 15 de abril, por Semana Santa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here