Cinco praias da Mariña acadan a Q de Calidad

Os Castros-Illas, As Catedrais, Covas, Area-Faro e A Rapadoira obteñen o galardón, así como o porto deportivo ribadense

Praia de Covas. VIVEIRO TURISMO

Cinco praias da comarca desfrutarán neste verán do distintivo Q de Calidad, que outorga o Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE). Dúas delas están no municipio de Ribadeo, Os CastrosIllas e As Catedrais; outras dúas no concello de Viveiro, Covas e Area-Faro; e tamén obtivo o galardón A Rapadoira, en Foz.

Catro dos cinco areais mariñaos distinguidos con Q de Calidad -agás Covas- suman este título á bandeira azul. Un total de 19 praias galegas beneficiaranse deste certificado de calidade. Para que un areal poda contar con el debe cumprir cunha “exhaustiva auditoría” realizada por examinadores “independientes”, segundo asegura o ICTE.

O porto deportivo de Ribadeo foi un dos 13 peiraos galegos que conseguiron a distinción, que tamén incorporará ao certificado medioambiental da bandeira azul

NINGUNHA DO OCCIDENTE ASTUR

Ningunha praia do occidente astur acadou o galardón. Santa Mariña (Ribadesella), Toró e Palombina (Llanes), L’Arbeyal, San Lorenzo e Poniente, en Xixón, foron os areais distinguidos do Principado. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here