O servizo para o control das gaivotas en Viveiro retira 160 parellas, 295 niños e 510 ovos

O goberno viveirense sinala que se trata de cifras “que superan as expectativas" e que "probablemente aumenten" ao final do plan, en agosto

Gaivota nun tellado dunha zona urbana. AXM

O Concello de Viveiro fixo un primeiro balance trala posta en marcha do servizo de control da gaviota patiamarela nas zonas urbanas do municipio. A empresa contratada para desprazar aos animais documentou a presenza de 160 parellas.

O goberno local viveirense sinala que se trata dunha cifra “que supera as expectativas existentes e que probablemente aumente ao final do servizo, cando se revisen a totalidade dos datos recollidos”.

Despois de realizar unha primeira e segunda visita, a empresa contratada para este servizo retirou un total de 295 niños, 510 ovos e 138 polos.

Actualmente, o servizo está a realizar segunda visita aos tellados das vivendas xa revisados e, en breve, comezará coa terceira rolda de seguimento, que se prevé que remate en agosto.

COLONIZACIÓN

O Concello contratou á empresa concesionaria ante as queixas da veciñanza e tras constatar que a poboación de gaivotas “colonizou o medio urbán, facendo uso do mesmo para alimentarse dos desfeitos xerados e tomando os tellados para ubicar as zonas de cría”.

“Evitar o cremento desmesurado desta poboación, así como posibles pragas e problemas de salubridade pública derivados do mesmo, ao tempo que asegurar o benestar da especie”, son os obxectivos do plan.

“BOA ACOLLIDA”

Segundo indica o executivo local, a empresa que está a realizar estes traballos asegurou que o balance destes meses “é totalmente positivo” pola “gran cantidade de chamadas e de avisos remitidos desde o Concello. Isto é unha mostra da boa acollida do servizo”, conclúe o goberno viveirense.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here